LÚA DE OUTUBRO 2020

UN TRABALLO CREATIVO E REIVINDICATIVO

BASEADO NO MÉTODO ZENTANGLE

A partir dunha idea de SARA de @MANOSALTANGLE e PILAR de @ZENTRARTE (INSTAGRAM)

Coordinado por: CARMEN VARELA TRIGO

Participantes:

Jose Angel Bemposta – Alfonso Costas – Manuel González – Patricia Iglesias – Yolanda Iglesias  Elisa Pintos – María Prol – Oliver Przybylski – Benjamín Nogueira

31 CRÁTERES NA LÚA

O Inktober é unha iniciativa de debuxantes de todo o mundo que se propoñen debuxar cada día do mes de outubro coa finalidade de mellorar a súa técnica.

Dende Zentangle (método de debuxo a través da meditación) propuxeron facer cada día un debuxo empregando esta técnica, o que denominaron o Inktobertangle.

No Estado Español dúas mulleres, Pilar Pulido e Sara Ponce, afinaron un pouco máis e propuxeron debuxar cada día. Pero a súa proposta era diferente, mellorar a técnica está ben, dedicarte un momento do día a ti, tamén está moi ben, pero se a todo isto sumámoslle contido, a verdade é que soa moito mellor. Elas decatáronse que na lúa había 1600 cráteres, cada un deles dedicado a unha persoa relacionada coas ciencias, e tan só 31 estaban dedicados a mulleres.

As mulleres estiveron sempre, en todas as ciencias e a todos os niveis, pero non as vemos, a historia encargouse de agochalas. Sempre viviron e aínda viven á sombra dos seus colegas homes, relegadas polas élites intelectuais de cada época.

Así que Pilar e Sara propuxeron reivindicar o labor destas 31 mulleres, e axudar a visibilizalas.

No Centro Ocupacional recollemos a súa proposta e adaptámola ás nosas posibilidades. Decidimos debuxar cada xoves do mes de outubro o patrón proposto, buscar información en internet  e falar da muller á que ía dedicado.

XOVES 1 DE OUTUBRO (Lúa Chea)

Hipatia de Alexandría

Nada en Alexandría contra o ano 370 e finada contra o 415. Foi unha muller científica, filósofa neoplatónica e mestra, que contribuíu ao desenvolvemento das matemáticas e da astronomía da época.

O seu pai, Teón de Alexandría, era un famoso matemático e astrónomo, moi apreciado, e que non gardou os coñecementos para si e os seus discípulos, integrando a súa propia filla (caso insólito no século IV).

Hipatia era unha muller aberta ao saber a quen se lle transmitiu a paixón da investigación, educándose ademais nun ambiente académico culto. Hai historiadores que din que a filla superou o pai, de xeito que escritos atribuídos a Teón sono en realidade de Hipatia.

Aprendeu tamén a historia das diferentes relixións que se coñecían naquel entón, oratoria, o pensamento dos filósofos e os principios do ensino. Seguidora de Plotino, cultivou os estudos lóxicos e as ciencias exactas, levando unha vida ascética . A súa casa foi un lugar de ensino onde ían estudantes de todas partes do mundo coñecido, atraídos pola súa fama.

O DEBUXO (TANGLE) É FLUX DE ZENTANGLE

XOVES 8 DE OUTUBRO

Catherine Wolf Bruce

Nace en nova iork un 22 de xaneiro de 1816. Faleceu o 13 de marzo de 1900. Foi unha famosa filántropa. Estudou pintura, aprendeu latín, alemán e italiano. En 1877 doou 50.000 $ para a construción dunha biblioteca e a compra de libros en memoria do seu pai.

Entre 1889 e 1899, bruce realizou 54 doazóns a distintos proxectos astronómicos, por un importe total de máis de 275 000 dólares, ó observatorio del Harward College  (EE.UU.), ó Observatorio Yerkes  (EE.UU.) e ó  Observatorio Heidelberg Köniastuhi (Alemaña), dirixido naquela época por Max Wolf, financiando a compra de novos telescopios en cada uno deses institutos.

O DEBUXO (TANGLE) É  AMARÍN DE DEBBIE NEW

XOVES 15 DE OUTUBRO

Antonia Mauri

Naceu en Cold Spring en Hudson, Nova Iork (EE.UU) o 21 de marzo de 1866 no seo dunha familia de científicos. O seu nome  completo é Antonia Caetana de Paiva Pereira Maury. Faleceu o 8 de xaneiro de 1952 en Dobbs Ferrry, Nova Iork.

Educada en Vassar College (ata 1887). Foi Astrónoma e traballou no Observatorio Harvard College, onde encargouse de catalogar os espectros estelares do hemisferio norte. Traballou durante 40 anos como “calculadora de Harvard”,  “contadora de estrelas”.

Deixou o Observatorio en 1890 ainda que non de todo porque volveu de xeito intermitente ata que, finalmente, o seu traballo foi publicado en 1897. Tras a súa carreira en Harvard, deu clases na escola Miss Masson e xestionou o Draper Park Museum. Antes de xubilarse no 1948, regresou unha vez mais  a Harvard como axudante en 1918. Nese período de tempo, concretamente en 1933, publicou un des seus traballos de investigación máis famosos sobre a estrela Beta Lyrae.

O DEBUXO (TANGLE) É  ABUCAS DE CHARKAT

XOVES 22 DE OUTUBRO

Louise Freeland Jenkis

Trátase quizais da muller máis enigmática das que  investigamos, apenas se sabe nada da súa vida persoal.

Graduouse en 1911 no Mount Holyoke College, universidade exclusiva para mulleres ata o día de hoxe, no que costa máis de 57.000 € cursar estudos.

Grazas o seu traballo, avanzouse notablemente no mapa tridimensional do universo durante o século XX. Ocupa diferentes postos na Universidade e como computadora no Observatorio de Allegheny, entre outros. Foise a Xapón como misioneira da Women’s América Baptist for Missionaries Society. En Tokio impartiu clases de inglés, astronomía e estudos bíblicos.

En 1932 regresou os EE.UU e traballou como editora asistente do Astronomical Journal.

O DEBUXO (TANGLE)  É  AQUAFLEUR DE ZENTANGLE

XOVES 29 DE OUTUBRO

Kalpana Chawla

Kalpana naceu o 1 de Xuño do 1961 en Kalma (India) é Graduada en Enxeñaría Aeronáutica pola Facultade de Enxeñaría de PunJab en 1982 e Máster en Enxeñaría Náutica pola Universidade de Texas e 1984, disciplina da que Doutora pola Universidade de Colorado en 1988.

Foi seleccionada pola NASA en decembro do 1994 e tras varios postos dentro da NASA participou na súa primeira  misión, a STS-87 en 1997.

Chawla faleceu xunto co resto da tripulación a volta da súa 2º mision, a STS-107 na que o transbordador espacial Columbia desintegrouse durante a súa entrada atmosférica.

Pasou un total de 32 días no espazo.

O DEBUXO (TANGLE) É  FASSETT DE LYNN MEAD

REFLEXIÓNS CO TRABALLO FEITO

QUE PALABRA DEFINE COMO TE SENTES OU O QUE SINTES
O MIRAR O TRABALLO REMATADO?

BIBLIOGRAFÍA

Deixa unha resposta