Loitar contra a aporafobia

O 20 de febreiro, en horario de mañá e tarde, terá lugar na EGAP unha xornada dirixida a dotar ao alumnado dos coñecementos e competencias necesarias para previr situacións de discriminación, culpabilización e/ou aporofobia que se poidan dar por mor dos prexuízos e os estereotipos no marco da Administración pública cara a persoas en situación de pobreza e/ou exclusión social.
Como loitar contra a aporofobia, o odio e a desinformación desde a Administración pública
A través da formación e o debate construtivo tentarase reforzar o compromiso ético cos dereitos dos e das profesionais do Sistema de Servizos Sociais, animando á reflexión e facilitando ferramentas para a prevención de conflitos para, en definitiva, mellorar a relación entre a cidadanía e as administracións públicas.

Tamén se presentarán os recursos dispoñibles en Galicia para a atención ás vítimas.

Rede galega contra a pobreza

Lenda pertence á Rede de loita contra a pobreza (EAPN Galicia) que traballa para defender os dereitos das persoas en situación ou risco de pobreza e exclusión mediante a incidencia política e social. A Rede está formada polas ONG máis representativas do sector social galego que agrupan a entidades como: ACCEM Galicia, Asociación Boa Vida Inclusión Activa, Asociación Plataforma polo Emprego, Cáritas Diocesanas de Galicia, Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), Emaús Fundación Social, Federación Autismo Galicia, Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia (FEAFES), Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE), Federación Galega de Institucións para a síndrome de Down (DOWN GALICIA), Fundación Érguete Integración, Fundación Juan Soñador, Fundación Meniños, Fundación Secretariado Xitano, Fundación Ronsel ou o Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector (IGAXES3).

Promovemos a análise e reflexión sobre a pobreza e a exclusión social, tratando de incidir política e socialmente en institucións públicas para a erradicación da pobreza e a exclusión social desde un enfoque de dereitos. O traballo en rede e a incidencia a nivel europeo é estatal é imprescindible para o éxito das actuacións, é por isto que EAPN Galicia está integrada en EAPN España e en EAPN Europa.

Deixa unha resposta