Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), as persoas con discapacidade son a maior minoría do mundo. Estímase que esta cifra alcanza 1.300 millóns de persoas (o 16% da poboación mundial), chegando a un 35% en persoas de máis de 60 años. A inclusión e a accesibilidade van da man, xa que as persoas con discapacidade necesitan que os produtos e servizos sexan accesibles para poder utilizalos en igualdade de condicións que o resto de persoas.
A nosa Asociación presta os seus servizos nestas instalacións a partir de novembro do ano 1994 e dende o arranque das nosas actividades establecemos como un dos nosos obxectivos esenciais a prestación dos servizos nas mellores condicións posibles, tanto no eido asistencial, prestándoos coa máxima calidade profesional o noso alcance, como na parte estrutural, na que se acometeron en diferentes fases e anos, continuas melloras nas instalacións, sempre atendendo criterios de mellora e respectando as regulacións legais que para este tipo de construcións dita a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. De igual xeito debemos ter en conta as normas de organismos como o Consello Asesor dos Camiños de Santiago, pois se trata dun edificio situado xusto no percorrido redondelán do camiño de Santiago.
Para seguir acometendo os obxectivos esenciais referidos a melloras estruturais consultamos a diferentes empresas e toda as persoas técnicas consultadas para a realización das obras necesarias para facilitar o acceso os andares superiores chegaron a mesma conclusión; non é posible a instalación de plataformas elevadoras, debido as características arquitectónicas e espaciais do edificio, resultando como única alternativa posible, a instalacións do sistema de cadeiras salva escaleiras, que faciliten o acceso, o primeiro e segundo andar.
Con este diagnóstico e solicitando varios presupostos buscamos financiación a través da solicitude da subvención de inversión convocada polo Servicio de Benestar Social da Deputación de Pontevedra: Pontevedra, Provincia máis inclusiva para entidades sen animo de Lucro de Concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia de Pontevedra. Fomos beneficiari@s da subvención por cantidade 5.998,57€ o que permitiu financiar o 80%da instalación da axuda técnica do salvaescaleiras conseguido así unha Asociación Lenda + inclusiva.