Galicia, sen plan de saúde mental

En novembro foi presentado o Plan de Saúde Mental para o 2020, baseado un modelo xa anunciado tres anos atrás. A realidade é que aínda non está publicado.
O Movemento Galego de Saúde Mental considera o anuncio de propaganda electoral, xa que levan máis de tres anos agardando pola súa publicación.
De igual xeito, declaran que o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) carece dun proxecto de saúde mental, e que a carencia de persoal especializado provoca grandes listas de espera e unha prescripción abusiva de psicofármacos.
Por outra banda, a Asociación Nacional de Psicólogos Clínicos y Residentes (ANPIR) califica esta situación como dañina e de “progresiva erosión” dos dereitos dos psicólogos clínicos galegos. Segundo esta asociación, hai 3,47 especialistas por cada 100.000 habitantes.

Demanda baseada na experiencia e nos datos

Aínda que as taxas de ansiedade, depresión ou suicidios son das máis altas do Estado, o novo modelo da Xunta non atende á realidade dos especialistas e non se axusta ás recomendacións e evidencias dos datos sobre o aumento de problemas de saúde mental en Galicia.
Anpir reivindica a importancia do servizo de psicoloxía en atención primaria. O Movemento Galego de Saúde Mental, explica que a ratio de psicólogos clínicos é a metade da acaída e tamén fala da necesidade dun servizo especializado na atención primaria para ofrecer unhas intervencións eficaces.
Dende as organizacións piden que se publique o Plan Galego de Saúde Mental, xa que a súa función é revisar e actualizar as necesidades e mellorar o modelo.

Deixa unha resposta