Galicia pola diversidade

Lenda pola diversidade

O 3 de decembro e o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Este ano 78 entidades sociais de todo o país o conmemoran co lema “Baixo o mesmo paraugas. Galicia pola diversidade”.

Con actos nas catro provincias galegas, por cuarto ano consecutivo.

En Redondela tamén o celebramos asistindo os actos que a Asociación Andaina convocou a tal efecto diante do Concello, actos que pretenden visibilizar e reivindicar os dereitos das persoas con discapacidade. No caso de Redondela, a Asociación Andaina reivindica dende hai anos a posta en marcha dun centro específico de atención á diversidade funcional onde se incluiría un centro ocupacional destinado a proporcionar as habilidades profesionais, personais e sociais, necesarias para o desenvolvemento das capacidades e posibilidades de integración social.

Deixa unha resposta