O traballo que desenvolvemos desde a nosa asociación é posible grazas a todas as persoas que formamos parte do proxecto, mais tamén é necesario un financiamento que faga viable a actividade continua da asociación.
Deste xeito, a Deputación de Pontevedra vén de conceder á Asociación Lenda de Saúde Mental, dentro das subvencións dirixidas a entidades sen fin de lucro para actuacións no ámbito dos servizos sociais, a cantidade de 4.698,33 € para o desenvolvemento da actividade “Obradoiro de productos artesanais”.
Por outra banda, a renovación das subvencións do IRPF, cunha cunha dotación total de 17.763,19 €, permitiu levar a cabo ao longo deste ano 2018, os seguintes programas da Asociación:
• Programa de acompañamento integral
• Programa de intervención familiar
• Programa de respiro familiar
• Programa de apoio á rehabilitación de persoas con enfermidade mental internas en centros penitenciarios.
Igualmente, a través do Convenio de FEAFES Galicia coa Consellería de Política Social, se revonovaron as subvencións para dous programas que estamos a desenvolver, cunha dotación de 23.000 €. En concreto trátase dos programas seguintes:
• Programa de atención a domicilio.
• Programa de información e asesoramento.
Un traballo cunha repercursión social importante precisa dun financiamento estable. O apoio de todos estes programas é a constatación da importancia social do ámbito e dos colectivos nos que a Asociaciación desenvolve o seu labor. Ademais, a renovación das subvencións por parte das diferentes administración públicas é froito dun traballo desenvolvido profesionalmente así como dunha xustificación escrupulosa de todo o diñeiro utilizado.
Colaboración da Deputación de Pontevedra
