Falamos de saúde mental e prevención da conducta suicida. Unha experiencia no ámbito educativo

Dende o equipo de Lenda, achegamos a diferentes sectores socioeducativos accións de sensibilización en saúde mental e prevención da conducta suicida destinada a equipos educativos, alumnado e familias. En total, a segunda metade do ano 2024 (de setembro a decembro) acudimos a 3 centros socioeducativos e proporcionamos sensibilización e formación a 20 profesionais, 15 familias e aproximadamente 200 estudantes.

Nas intervencións conceptualizamos o suicidio e tentamos derribar os moitos mitos asociados a esta complexa realidade. Focalizámonos en poder identificar cales son as sinais de alerta da existencia dun risco de suicidio e expomos diferentes extratexias para acompañar a persoas que poidan estar a pasar por este gran malestar psicolóxico. Para rematar visibilizamos diferentes recursos da contorna aos que podemos acudir para asesorarnos ou buscar acompañamento.

O noso obxectivo principal e derrubar o estigma asociado á conducta suicida que imposibilita a personas que están a sufrir o pedir axuda. Tamén pretendemos que se entenda este fenómeno como POSIBLE DE PREVIR.

Podemos dicir que a acollida destas accións de sensibilización é moi positiva, xera interese e as persoas que a reciben valórana como necesaria.

Cando presentamos o programa Conecta coa Vida deixamos constancia dos preocupantes datos que fan que este programa e este tipo de accións existan. Xunto a FEAFES e outras entidades pomos sobre a mesa este fenómeno catalogado pola OMS como “problema de saúde pública”. Apostamos por falar dunha realidade que existe a sabendas de que non facelo non fará que desapareza.

Dende Lenda apostamos por xerar espazos de reflexión sobre qué decisións podemos tomar para responsabilizarnos da parte que nos toca a nivel de prevención como membros da comunidade educativa xa que entendemos que a prevención é cousa de todas.

Ainda así tamén visibilizamos que recibimos no programa máis do dobre de demandas para as que temos financiación. Boa parte do equipo educativo e familias amósanse desbordadas por non saberen como actuar ante esta problemática. Consideramos importante dotar de recursos para a formación e intervención nestes casos e seguir apostando pola investigación para achegarnos a formas de facer efectivas.

Mentras tanto, qué podes facer ti para axudar a unha persoa que está a sufrir?

Video conecta coa Vida:

https://www.youtube.com/watch?v=ZoVtf8F3ttM

Deixa unha resposta