Exposición “Disorders”

Dende o día 2 ata o 16 de setembro poderá visitarse na Biblioteca Pública Ánxel Casal (Santiago de Compostela), a exposición de pintura e ilustracións Disorders.  Unha serie de pezas coas que se pretende dar a coñecer os problemas de saúde mental en primeira persoa. Poderá visitarse nun horario de mañá de 08:30 a 14:30.

Este proxecto artístico multicisciplinar no que participaron múltiples persoas con problemas de saúde mental, partiu dunha proposta inicial dun disco impulsado por Carlos Morales, para ilustrar o proxecto Fear of Missing Out. Deste xeito, catro persoas usuarias de Saúde Mental FEAFES Galicia e das súas asociacións realizaron un total de 14 cadros:  Xolo, da asociación A Mariña (Cervo); Mª Reyes Fragueiro, de Saúde Mental FEAFES Galicia (Vigo); e Michel e Ith, de DOA Saúde Mental (Cangas do Morrazo). Cada unha das cales está inspirada nun problema de saúde mental contado desde a propia experiencia dos autores. Así, as pezas ilustran doenzas como a depresión, a esquizofrenia ou o trastorno bipolar.

A mostra poderá visitarse tamén en A Coruña, Vigo e Cangas do Morrazo.

Deixa unha resposta