Enquisa

Moitas foron as ideas que xurdiron en Lenda para traballar de cara ao Día Mundial da Saúde Mental neste ano 2020. Moitas ideas que tivemos que compatibilizar cos tempos da COVID-19 e moitas que se quedaron no noso caixón de recursos.

Gústamos saír á rúa, compartir espazos, participar nas accións da nosa vila, relacionarnos coa veciñanza e é por iso que unha das ideas foi realizar unha enquisa co obxectivo de descubrir o que a sociedade sabe sobre saúde mental. Tamén foron moitas as preguntas que nos viñeron á cabeza, pero tivemos que facer unha pequena selección para non ter que roubarvos moito do voso tempo.

Como este ano non podemos saír á rúa, puxémonos as pilas para facela online.

Atréveste a participar connosco nela?

Entra no seguinte enlace: ENQUISA SAÚDE MENTAL

 

Deixa unha resposta