En Lenda zentangleamos

O Zentangle® é un método de relaxación a través do debuxo. Utilizando patróns establecidos,  creamos composicións abstractas.

O seu nome provén das palabras zen, meditación e tangle, enredo. Este método foi creado en 2004 polos estadounidenses Maria Thomas e Rick Roberts.

“Con esta técnica búscase conseguir a calma de quen o realiza ou incluso de quen o observa”

É importante saber que para levar a cabo esta técnica non é necesario saber debuxar, calquera persoa pode facela en calquera lugar, so con lápiz e papel. Segundo os seus autores, “o método é sinxelo de entender e fácil de gozar, incluso se un non está convencido de que non é para nada hábil co lapis e as pinturas”.

O material que necesitamos para facer zentangle, é moi sinxelo: lapis 2B, papel, e difumino, ou no seu defecto bastoncillos dos ouvidos.

No mes de setembro decidimos poñelo en práctica cun grupo de familias en Lenda e os resultados están a ser moi bos, tanto a nivel técnico, como dos beneficios que pretendemos conseguir cando lles propuxemos a actividade.

E cales eran eses beneficios?

  • Mellorar a autoestima e resistencia á frustración. No método zentangle os errores non existen, de nada serve utilizar a goma para corrixir o feito anteriormente. O verdadeiramente interesante é adaptarnos ás posibles desviacións, apartando a un lado o medo ao fracaso. Desta maneira, segundo imos superando esas pequenas trabas, reforzamos a confianza en nós mesmas.
  • Mellorar a capacidade de resolución de conflitos. Reencamiñar sobre a marcha os nosos proxectos, xunto a traballar a nosa creatividade pode fomentar a nosa capacidade para solucionar imprevistos noutras facetas da vida.
  • Interactuar coas compañeiras no grupo, fomentar o compañeirismo, as relacións e o autocoidado. Todas as tardes no obradoiro facemos un breve descanso para relaxarnos tomando un té e falar das “nosas cousas”.
  • Agasallarnos un tempo divertido, aprendendo e centrándonos en nós. Non existe unha idade ideal para poñer en práctica este método, sabemos que os resultados en tódalas idades son ideais. Potenciamos a idea de que o fagan na súa casa, nun momento para compartir coa familia, para mostrar as súas habilidades como artistas.
  • É un remedio contra o estrés e as preocupacións. Os agobios cotiás e as inquedanzas pasaxeiras poden aliviarse cando poñemos o foco de atención nunha actividade gratificante. Afrontar un traballo creativo axúdanos a evadirnos e a concentrarnos no que temos diante.
  • Axuda a desenvolver habilidades artísticas, xa que coa práctica podemos aumentar a nosa capacidade de representar as nosas propias ideas.
  • Aforramos e potenciamos a sostenibilidade no medio ambiente. Para conseguir un resultado espectacular a través deste método non precisamos realizar un gran desembolso.

No Zentangle® o importante é o proceso,  non como se vexa o noso debuxo. Trátase de conectar o noso cerebro coa nosa man e o papel. Isto permite que aparezan novos pensamentos e novas perspectivas, o que nos axuda a fluir e a centrarnos no presente.

1ª Sesión 23 de Setembro

2ª Sesión 21 de Outubro

Deixa unha resposta