E se che dixesen que podes?

e se che dixesen que podes

Neste final de ano, cheo de resumos e de recopilacións do acontecido no  2018, nós imos recuperar un documental feito en Euskadi: ¿Y si te dijeran que puedes?. Unha historia que serve como escusa para contar en primeira persoa outros aspectos da vida cotiá de persoas con esquizofrenia.

O documental, dirixido por Javier Álvaro, achéganos á realidade de Emilio, Bea, Sergio, Gonzalo e Fernando. Eles queren escalar o mítico Naranjo de Bulnes da man do creador de “Al filo de lo imposible”, Sebastián Álvaro, e dun equipo de alpinistas que os acompaña no camiño: Juanjo San Sebastián, Juanito Oiarzabal, Ramón Portilla e Bernabé Aguirre, entre outros.

 

É un bo momento de sacudirnos complexos e etiquetas que nos limitan a todos.

2019 cheo de oportunidades para tod@s!

 

Deixa unha resposta