A semana pasada fixemos esta pregunta nas redes sociais e ás persoas coas que traballamos a diario. Seguimos a descubrir que temos un montón de recursos internos que nos axudan a levalo da mellor forma posible.
Algunhas das ideas que recollemos foron as seguintes:
Estar e gozar da FAMILIA facendo cousas tódolos días, compartindo o noso tempo. Todos e todas somos sabedoras de que non podemos estar con toda a familia nin abrazar a todos os nosos seres queridos, pero manter o contacto por redes sociais, Whatsapp ou videoconferencia dan menos sensación de encerro e máis de conexión e cohesión.
Pero sobre todo saber que a familia está ben.
Recuperar vellas AFICIÓNS que tiñamos aparcadas por falta de tempo. Dedicar tempo a desenvolver a nosa CREATIVIDADE, ben con materiais de artes plásticas ou “manualidades” ou ben dándolle un novo uso e reciclando o que temos pola casa. LER, facer DEPORTE, practicar técnicas de RELAXACIÓN, recopilar e escoitar a nosa MÚSICA favorita ou visualizar as nosas PELíCULAS e SERIES favoritas.
Marcarse unha RUTINA que modifiquemos a fin de semana. É importante facer descansos da rutina diaria, sobre todo para as persoas coidadoras, nais e pais ou persoas que teñen que “teletraballar” dende os seus fogares.
Priorizar as actividades que temos que facer cada día e alternar entre actividades que requiren movemento e actividades máis estáticas.
As persoas que teñen horta ou xardín están a retomar o traballo nela, arranxando o xardín ou dedicando máis tempo ao coidado das plantas. Tamén é unha oportunidade para estar en movemento dando pequenos paseos pola finca.
Moitas e moitos insisten na importancia de intentar manter a nosa cabeza ocupada, ben con pasatempos, “sudokus”, aplicacións na tablet ou móbil e propoñéndonos novas METAS cada día.
Aproveitar para facer cursos de FORMACIÓN online que antes non podíamos por falta de tempo e continuar co TRABALLO dende a casa, continuar coas nosas RESPONSABILIDADES aínda que sexa noutro contexto tan diferente como é este.
Sentirse ÚTIL é moi importante e manter un PROXECTO DE VIDA neste momentos de incerteza tamén.
Ser consciences de que a nosa paciencia vai ter unha recompensa cando todo isto remate.
Todo vai saír ben!!
Pero de momento seguimos preguntando… Que te axuda a soportar o confinamento?
Podedes seguir tamén as nosas recomendacións nas seguintes imaxes: