Discapacidade, guía de estilo

Moitas das veces, a visión da discapacidade que se dá perpetúa prexuízos e estigmas. O poder dos medios de comunicación como intérpretes da realidade, como creadores de opinións, como axentes de transformación dos valores e derribo dos prexuízos, constitúe un elemento dinamizador, educativo e capaz de mudar a realidade. Esta tarefa educativa é especialmente importante cando informan de colectivos sensibles, os que non gozan de igualdade de condicións que o resto.

Achegamos un documento que pretende facilitar a profesionais dos medios de comunicación, recursos para informar sobre discapacidade e crear unha imaxe responsable da discapacidade, respectuosa coa diversidade.

Guía de estilo: sobre discapacidad para profesionales de los medios de comunicación

Ofrecer unha imaxe das persoas con discapacidade implica amosalas en toda a súa riqueza e complexidade, reflictindo as limitacións e tamén as capacidades. O reto, polo tanto, é situar as informacións no seu contexto, usar unha linguaxe acaída e aportar noticias que aporten valor.

Deixa unha resposta