Día Mundial da Prevención do Suicidio

taxas suicidio

O suicidio é un grave problema de saúde pública.  Supón unha traxedia que afecta a comunidades e países, con efectos duradeiros para os achegados e familiares da persoa que o comete. Segundo estima a OMS, esta problemática cóbrase anualmente preto de 800.000 vidas, unha cifra bastante alta, aínda sen engadir o elevado número de persoas que intentan facelo.

O último informe do Instituto Nacional de Estatística indica que a tendencia crecente que se viu observando nas taxas de suicidio parece que se freou lixeiramente. A pesares disto, continúa a ser a principal causa externa de norte no noso país. O pasado ano, 324 persoas se suicidaron en Galicia. A taxa galega de suicidio é a maior de toda España, sendo a principal causa non natural de mortalidade dos galegos.

A pesar da gravidade deste problema e das recomendación de incluír a prevención do suicidio como prioridade sanitaria, na actualidade existe unha escasa implementación de programas de tipo preventivo e non hai un Plan de prevención como tal a nivel nacional.
falar do suicidio

Deixa unha resposta