Día da TOLERANCIA

A UNESCO define a TOLERANCIA como: “o respecto, a aceptación e o aprecio da rica diversidade das culturas, das formas de expresión e xeito de ser. O coñecemento, a actitude de apertura, a comunicación e a liberdade de pensamento, de conciencia e de relixión fomentan a tolerancia, a armonía na diferencia. É un deber moral e unha esixencia política e xurídica. A tolerancia, a virtude que fai posible a paz, contribúe a substituir a cultura de guerra pola cultura de paz”.

Educar na tolerancia

Nestes momentos parece haber un retroceso na importancia que se lle dá aos dereitos humanos, temos que resaltar que a escola é un ámbito fundamental de convivencia, un espazo de coñecemento e colaboración entre nenos de distintos ámbitos, que rache cos prexuízos e desenvolva valores de cooperación, igualdade e respecto ante a diversidade. O acceso a unha educación universal e gratuíta, como a que nós temos, é unha oportunidade e un reto para lograr unha sociedade máis equitativa e contribuír á cohesión social.

Humor, por favor

Relativizar os problemas, ser tolerantes cos fallos propios e alleos, evitar a excesiva autocrítica e a crítica allea son sinais evidentes de saúde mental. As persoas estamos condicionadas polo contexto cultural no que vivimos: sentimos a censura, os límites, podemos sentir vergoña ou culpabilidade… Dalgún xeito necesitamos mecanismos para asumir que non somos perfectos, como o humor por exemplo. O humor é o contrario do encorsetamento, da solemnidade. Pola contra, é un sinal de vitalidade, que precisa de inxenio, tolerancia e complicidade.

Xuntos, campaña para promover respecto, seguridade e dignidade para todas

O medo ao que non coñecemos está detrás de moitas das actitudes de rechazo ao diferente. Por eso cremos que é importante facer por coñecernos, por contrarrestar actitudes negativas cara aos migrantes e os diferentes, promovendo unha actitude proactiva de achegamento e apertura.

Deixa unha resposta