Dá resposta un novo centro psiquiátrico penal ás necesidades das persoas con problemas de saúde mental xudicializadas?

Ésta é a pregunta que nos facemos ante a nova recollida no seguinte enlace: psiquiátrico rechazado

Expert@s en saúde mental rexeitan o centro penal de “Siete Aguas”, o penal Levante II, que retoma as obras iniciadas no ano 2012 para reconverter o proxecto nun hospital para persoas condenadas con trastornos graves en saúde mental. Pero é esta a solución? A creación de macropsiquiátricos para, segundo o artigo, “sanar ás persoas con diagnóstico de saúde mental”

Dende a Asociación Lenda de Saúde Mental pensamos que os penais non son os lugares axeitados para o cumprimento de penas privativas de liberdade nin medidas de seguridade de persoas con diagnóstico de enfermidade mental. Levamos máis de 10 anos traballando no Penal de  A Lama no PAIEM, Programa de Saúde Mental, cunha media anual de máis de 60 persoas nos últimos anos e chegando cada ano á mesma conclusión: un penal non é o lugar axeitado para o tratamento das persoas con problemas de saúde mental. Pero, cal é o recurso axeitado? Á hora de continuar o tratamento iniciado no penal, obter un recurso de vivenda digno sen volver á rúa ou a unha situación inestable, facilitar o acceso ao mundo laboral, etc., as posibilidades son escasas.

Precisamos recursos específicos para abordar o tratamento dentro e fóra do penal para que as persoas con diagnóstico de enfermidade mental teñan os mesmos dereitos e oportunidades pero xéranse recursos que tenden, no nosa opinión, ao peche, afastamento social e estigmatización da saúde mental.

Os penais xa substitúen aos vellos psiquiátricos

Unímonos ás reivindicacións das entidades especializadas en saúde mental do estado español que reaccionan e opóñense á apertura dun centro con estas características. As razóns son contundentes:

En primeiro lugar, segundo explican desde a asociación Àmbit, especializada en saúde mental, recuperación e reinserción, apuntan que as prisións «non poden nin deben ser un espazo para persoas con trastornos mentais graves». A Estratexia de Saúde Mental Estatal así o concibe. A propia Dirección Xeral de Institucións Penais manifesta que as prisións non son o espazo para as persoas con problemas de saúde mental aínda que recoñece que «aínda se seguen condenando a persoas con trastornos mentais graves a penas de prisión», tal e como se extrae do documento do seu programa de reinserción «Puente Extendido».

 O 25,6 % dos internos ten recolleito un ou varios diagnósticos psiquiátricos na súa historia clínica. Esta porcentaxe elévase a 49,6 % (un de cada dous) se se consideran os antecedentes de abuso ou dependencia de drogas. Con todo, segundo denuncian as asociacións expertas, as prisións españolas contan cun sistema de atención primaria moi deficitario que non pode dar resposta ás necesidades reais. A atención sanitaria nos centros penais está «baixo mínimos». «A maioría das accións fanse desde entidades sen ánimo de lucro, por iso, o primordial é aumentar recursos nas instalacións existentes e non investir en ladrillo», opina Javier Vilalta, director da asociación Àmbit..

 Dos 23 médicos que tería que haber en Picassent, a realidade é que só hai cinco. Algo que a Sociedade Española de Sanidade Penal leva anos denunciando.

Un centro que se supón que “nace para sanar”, pero lonxe da familia e do entorno da persoa. Un centro que consideramos un gueto, que non normaliza, e que non é unha alternativa innovadora, senón que mantén a vella idea de centro psiquiátrico. Un centro pechado con máis de cincocentas persoas está lonxe de ser terapéutico.

Deixa unha resposta