As nosas instalacións contan con alfombras desinfectantes e con dispensadores de xel hidroalcólico, máscaras na entrada e en diferentes puntos e termómetros infravermellos no acceso ás nosas instalacións. É OBRIGATORIO O USO DA MÁSCARA.
Os espazos distribuíronse respectando a capacidade máxima indicada, mantendo a distancia de seguridade de 2 metros. Neles atoparán cartelaría onde recordamos as medidas necesarias para a prevención da COVID-19 (conceptos básicos do lavado de mans, hixiene respiratoria, distancia social, como colocar e quitar á máscara, ou como manter o noso espazo de traballo seguro…)
A reincorporación das persoas usuarias está sendo progresiva, seguindo un protocolo establecido atendendo as necesidades individuais de cada unha delas.
Os profesionais fixemos cursos de formación para a prevención do COVID-19, e elaboramos un documento informativo para persoas usuarias e familias, explicando que é, como se transmite, síntomas e que facer en caso de ter algún, como protexernos, a hixiene persoal e doméstica, así como as pautas a seguir no Centro.
Semanalmente fanse actividades específicas de hixiene e prevención.
Dende a Asociación Lenda estanse a poñer en marcha as medidas necesarias para proporcionar unha
ATENCIÓN SEGURA e acorde á situación social e sanitaria que se está a vivir.