Un conto para informar, achegar e visibilizar de xeito lúdico as emocións, para que as nenas e nenos normalicen os sentimientos e aprendan a xestionalos.
Tras varios anos de traballo en prevención en saúde mental entre adolescentes e mozos, a través de programas que desenvolven en centros educativos, FEAFES Salud Mental Almendralejo, chegan a conclusión de que moitos dos problemas de saúde mental veñen da infancia.
Estas experiencias previas son o motivo da publicación dun conto infantil: Mía y Teté. Unha historia, narrada por Inma Rubiales e ilustrada por Yolanda Cabrera, na que a protagonista, Mía, coa axuda do seu amigo imaxinario Teté, vai descubrindo as súas emocións e aprendendo a identificalas que lle levará a coñecerse e a medrar como persoa.
Esta iniciativa pretende informar, achegar e visibilizar dun xeito lúdico as emocións, tanto as positivas como as negativas, para que xa dende a infancia se normalicen os sentimentos e se aprenda a xestionalos.
Acadar unha boa saúde mental axuda aos nenxs e persoas adultas a establecer relacións positivas cos demais, con eles mesmos e a poder gozar da vida moito mellor.