Conclusións: recomendacións suicidio

Falar sobre pensamentos suicidas permite aliviar a tensión e malestar emocional. Falemos do suicidio de maneira responsable!

Escoitar con atención e sen xulgar pode facerlle ver á persoa coa que estamos que nos importa. Gústanos que se nos escoite con sinceridade!

Expresámonos a través da fala, pero tamén a través do noso comportamento. Non deixemos pasar por alto conductas ou actitudes estrañas en quen nos rodea!

Non é cuestión de valentía ou covardía, o grande sufrimento que sente unha persoa é o que pode levala a ter un comportamento suicida. O apoio emocional é imprescindible!

Existen profesionales con experiencia na detección do risco de suicidio e o seu manexo. Recorda que falando e escoitando iniciaremos a prevención!

Os medios de comunicación tamén poden ser aliados na prevención. Debemos esixir que aporten información e traten este tema de maneira responsable!

As políticas sanitarias e sociais deben adaptarse á situación da nosa sociedade. Dende as institucións débense desenvolver plans de prevención reais e actualizados!

Dende Lenda,

 “conectamos coa vida”

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL 2019

O pase de diapositivas require JavaScript.

Deixa unha resposta