Como nos afecta o cambio de hora?

Ao longo do ano sufrimos varios cambios de estación e de hora, coincidentes coa primavera e co outono.

Este último cambio de hora, coincidente co cambio de estación ao outono, é tamén un cambio para nós porque rómpense os ritmos circadianos, os ritmos naturais que abarcan o día enteiro e que teñen todos os seres vivos. Son os que fan que nos espertemos, ter sono ou fame nos mesmos momentos do día, etc. De aí que rompelos ou cambialos xere un estrés para o noso corpo sumado a que o cambio de hora quebranta de maneira brusca a adaptación progresiva do noso cerebro ao cambio de luz solar, provocando alteracións no sono, un cansazo físico maior do habitual, irritabilidade, certa tristura ou leves cadros de ansiedade. Pero nunha semana o noso corpo readáptase á nova situación.

En persoas cunha saúde mental un pouco máis fráxil, poden notar máis os efectos do cambio de hora e en ocasións poden derivar nun aumento de sintomatoloxía.

Cando o síntomas tenden a perdurar non é debido ao cambio de hora, xa que deste tendemos a readaptarnos fisicamente con maior facilidade. O que si podemos dicir é que este cambio pode ser un detonante dunha crise ou de aumento dos síntomas. Por exemplo, as persoas que padecen insomnio ou dificultades para conciliar o sono, verán agravados os seus problemas para durmir, ao igual que as que teñen un trastorno de ansiedade poden sufrir eses días un certo grado máis de angustia.

O que temos claro é que debemos facer un cambio nos nosos hábitos e rutinas que no axude a sobrelevar da mellor maneira posible esta situación: facer plans diferentes e adaptados á estación do ano na que estamos, realizar actividades relaxantes antes de durmir se nos custa conciliar o sono, non tomar bebidas excitantes, etc.

Deixa unha resposta