Como eu quero que me traten

Como quero que me traten?

Fagamos o exercicio de situarnos no lugar dunha persoa, con problemas de saúde mental, que segundo a OMS é unha de cada catro persoas.

No Día dos Dereitos Humanos (10 de decembro), a Confederación de Salud Mental España, lanza unha campaña #DerechoaNuestrosDerechos, para denunciar a vulneración que sofren as persoas con problemas de saúde mental, sendo as máis habituais as  de contencións mecánica que vulneran o dereito de todo ser humano a non sufrir torturas;  a falta de atención ás conductas suicidas, cando o suicidio é a primeira causa de morte externa, e a relación coa enfermidade mental é moi alta;  e por último a elevada porcentaxe de desemprego: 84%.

Campañas como esta pretenden reivindicar a igualdade e o respecto real os dereitos humanos para todas as persoas, sen prexuízos nen estereotipos que tanto dano fan a este colectivo.

Deixa unha resposta