O día 30 inaugúrase en Pontevedra o ciclo de cine e saúde mental que este ano ten o título: ‘O oficio de vivir’. As películas que se van proxectar son: ’A habitación do fillo’, ‘Diario íntimo de Adèle H’, ‘Cisne negro’ e ‘El’.
O cine ten a capacidade e os mecanismos de para reflectir as emocións e os estados psíquicos do ser humano. A actividade organizada polo colectivo Taller Abierto, desenvolverase os días 30 xaneiro e 6, 13 e 20 de febreiro no Teatro Principal de Pontevedra, en horario de 19.00 a 22.00 horas.
As películas seleccionadas para este ciclo de cine e saúde mental son ‘A habitación do fillo’ (30 de xaneiro), de Nanni Moretti, ‘Diario íntimo de Adèle H’ (6 de febreiro), de François Truffaut, ‘Cisne negro’ (13 de febreiro), de Darren Aronofsky, e ‘El’ (20 de febreiro), de Luis Buñuel.
Cada unha das sesións incluirá unha presentación e contextualización do filme a cargo do experto Suso Novás, a proxección da película e a intervención do médico Víctor Pedreira, médico especialista en Psiquiatría, que dará paso coas súas reflexións á apertura dunha quenda de preguntas e dun coloquio.
Ao seu xeito de entender, este ciclo permitirá “asimilar os diferentes mecanismos utilizados polo cinema para reflectir un imaxinario tan poliédrico como complexo, relacionando conceptos inherentes a diversas disciplinas e áreas de coñecemento”.