Cancións e saúde

Esta fin de semana tivo lugar a presentación dunha proposta musical novedosa: GuitarChello. Un dúo de cámara que nace da terapia musical e que fusiona a música clásica e o rock-pop. Unha experiencia musical, creativa e adaptativa que recrea cancións de Led Zeppelin ou Nirvana, de Queen, Michael Jackon, The Beatles, Metallica ou Maná.

A formación partiu dunhas sesións de terapia e evoluciona, nun contexto de confianza, espontaneidade respecto e admiración mutua, a un proceso máis estimulante e de liberdade creativa. Antonio Martín (guitarra) e Fernando Curiel (cello) empezaron improvisando e foronn construíron arranxos entre sobre baladas e cancións de rock. Deste xeito ambos ábrense a novos camiños musicais, gañando confianza e compartindo medos e inquedanzas comúns.

OS MÉRCORES MUSICAIS DE LENDA

Non é a primeira vez que falamos do poder que ten a música: transmitir melancolía, enerxía, relaxar ou facernos cambiar de humor. A musicoterapia é o uso da música e os elementos musicais para facilitar ou promover a comunicación, as relacións, a aprendizaxe, o movemento, a expresión  ou a organización. A través do traballo sonoro, satisfacer as necesidades do paciente, físicas, emocionais, mentais, sociais e cognitivas.

Nós tamén temos a nosa propia experiencia musical: os MÉRCORES MUSICAIS. Un espazo para o autocoñecemento, a interación, a expresión e para gozar!!!

Deixa unha resposta