Campaña “Baixo o mesmo paraugas”

baixo o mesmo paraugas
Lenda vaise sumar este ano á iniciativa “Baixo o mesmo paraugas” (Galicia pola diversidade).  A iniciativa social “Baixo o mesmo paraugas” reúne xa a 49 entidades, representantes de todo tipo de discapacidades, por un fin común: que as persoas con discapacidade sexan tratadas como cidadáns e cidadás de pleno dereito. Esta acción de cooperación asociativa, naceu a proposta de ASPACE Coruña,  para conmemorar conxuntamente entres distintasa asociacións, o Día Internacional da Discapacidade.
Dende o  2016, organízase un acto e actividades conxuntas para conmemorar o Día Internacional da Discapacidade, que se celebra cada ano o día 3 de decembro. Cada vez son máis as persoas e colectivos que se adhiren a esta iniciativa. Este  ano 2018 súmanse máis de  53 entidades, en toda Galicia.
Nós sumámonos a esta iniciativa, de encher, pouco a pouco, os espazos de paraugas de cores.

Deixa unha resposta