Botemos o estigma ao lixo

Facémonos eco da campaña de sensibilización “Botemos o estigma ao lixo”. Co gallo de chamar a atención sobre os prexuízos que existen na sociedade cara as persoas con problemas de saúde mental, e levada a cabo polo Comité en Primeira Persona de Saúde Mental FEAFES Galicia.

O elemento principal do proxecto é un vídeo realizado por persoas con problemas de saúde mental. Eles desenvolveron a idea, o guión, a rodaxe e a interpretación. Para esta tarefa, o Comité en Primeira Persoa de Saúde Mental FEAFES Galicia contou coa colaboración dos usuarios da asociación DOA Saúde Mental (Vigo e Cangas), que foron os encargados de poñer en marcha a parte audiovisual.

 

O vídeo está publicado na canle de Youtube de Saúde Mental FEAFES Galicia, e nel poñen de relevo prexuízos cos que se atopan persoas con problemas de saúde mental na súa vida diaria: que as persoas con problemas de saúde mental son violentas, están tolas ou non son quén de traballar.

Alén do vídeo, a campaña conta cunha serie de material gráfico que inclúe carteis e diversas viñetas que se difundirán a través das redes sociais, empregando o hagstag da campaña.

#estigmaaolixo.

Máis información.

Deixa unha resposta