Segundo un informe publicado pola Organización de las Naciones Unidas, a gandeiría intensiva produce máis gases de efecto invernadoiro que todos os coches, camións, trens, barcos e avións do mundo.
Nós queremos aportar, uníndonos a estas iniciativas colectivas de redución das emisións, aposta por un consumo sostible e dietas máis saudables.
Aquí vos deixamos a segunda receita de Lenda na Lareira.
Barquiños de Berenxenas ao forno con cabaciña, tomate, e mozarella e arroz
Ingredientes:
- 4 berenxenas
- 2 cabaciñas
- 4 tomates
- 4 boliñas de queixo mozarella
- Sal
- Pementa
- Ourego
- Aceite de Oliva virxe
Lavamos e cortamos a berenxenas a metade, e cun cóitelo, sacamos a carne. Pelamos e fileteamos as cabaciñas. Igualmente, lavamos e fileteamos o tomate, e a mozarella.
Cubrimos unha fonte de forno con papel e colocamos os barquiños de berenxena, bótamoslle un chorriño pequeño de aceite de oliva virxe e procedemos a colocar de xeito alternativo unha rodaxa de tomate, outra de cabaciña e unha de mozarella ata enchelas, espolvoreamos con pementa, sal e ourego, e queixo ralado.
Metemos no forno previamente precalentado a 200º arriba e abaixo durante 40 minutos (dependendo do forno).
Mentras as berenxenas fanse no forno, facemos un arroz en branco como acompañamento. Coa carne das berenxenas e tomate preparamos un refrito co que mezclamos o arroz unha vez cocido.
A comer!