1º Encontro PAIEM–Pontes de Inclusión

Un espazo para reescribir historias A semana pasada levamos a cabo un encontro no que se puxeron palabras ás historias de tres persoas, actualmente usuarias do programa Pontes de Inclusión e anteriormente privadas de liberdade que participaron no programa PAIEM no centro penal da Lama. Historias que están a escribir agora e ás que debemos […]

Desinstitucionalización e autonomía persoal en Galicia

Nas últimas semanas, a través do Programa Pontes de Inclusión (financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia a través das liñas de financiación de IRPF) estivemos traballando no “Documento de Posicionamento de Desinstitucionalización e Autonomía de Persoal de EAPN Galicia”, xunto con outras entidades do Terceiro Sector. Compartimos un pequeno […]

A Asociación Lenda de Saúde Mental asina co SERGAS un contrato para 45 prazas de rehabilitación cofinanciado pola Unión Europea

  Desde a Asociación Lenda de Saúde Mental queremos compartir unha nova que supón un paso adiante na consolidación dos nosos servizos e, sobre todo, na seguridade e estabilidade das persoas que atendemos. A nosa asociación vén de asinar un contrato coa Administración pública para a xestión de 45 prazas en centros de rehabilitación psicosocial […]

Convocatoria de Eleccións á Xunta Directiva da Asociación Lenda de Saúde Mental.

Unha vez rematado o prazo de vixencia dos cargos da actual Xunta Directiva da Asociación Lenda de Saúde Mental, ábrese un novo período electoral para que todas as persoas socias da entidade interesadas, poidan presentar a súa candidatura á Xunta Directiva. As datas a ter en conta son as seguintes: – Publicidade do procedemento: 13-02-2026. […]

PROXECTO URDIDEIRA II

Análise de resultados 2025 O programa URDIDEIRA II ten como finalidade ofrecer unha intervención integral, especializada e de base comunitaria dirixida a persoas con diagnóstico de trastorno de personalidade (TP). A intervención aborda as súas necesidades dende unha perspectiva psicosocial, individualizada e en rede, poñendo o foco tanto na persoa como na súa contorna. Dende […]

Unha análise de resultados 2025

A prevención do suicidio é unha labor complexa que esixe tempo, presenza continuada e vínculos sólidos coa comunidade. Non pode abordarse de maneira improvisada nin limitarse a actuacións illadas, senón que require planificación, seguimento e un compromiso sostido ao longo do tempo.TREBA PROXECTO VITAL xorde precisamente con esta vocación de continuidade, dando seguimento ao proxecto […]

A Deputación de Pontevedra financia o Obradoiro de Produtos Artesanais do 2025

Durante todo o 2025, no Centro Ocupacional, estivemos a levar a cabo un obradoiro de produtos artesanais. Este obradoiro, que ten por obxectivo traballar a recuperación das persoas con diagnóstico de saúde mental a través de actividades orientadas á adquisición de habilidades e rutinas prelaborais, foi financiaco pola Deputación de Pontevedra a través da subvención […]

II Concurso Relato Curto e poesía. PAIEM. A escrita como espazo de liberdade: saúde mental e creación literaria no cárcere

Con motivo da conmemoración do Día da Saúde Mental, dende a Asociación Lenda de Saúde Mental celebramos unha nova edición do noso concurso literario de relato curto e poesía, unha iniciativa que une literatura e benestar emocional. A través das palabras, as persoas participantes déronlle voz ás súas vivencias, reflexións e emocións, amosando o valor […]

I Concurso de Relato Curto e Poesía Xuvenil

Con motivo do Día Mundial da Saúde Mental, Asociación Lenda Saúde Mental lanza o I Concurso de Relato Curto e Poesía Xuvenil, dirixido exclusivamente ao alumnado dos centros de educación secundaria do Concello de Redondela. O obxectivo deste certame é dar voz ás experiencias, reflexións ou pensamentos das persoas máis novas sobre saúde mental, promovendo […]

Manifesto polo Día Mundial da Saúde Mental 2025

“Compartimos vulnerabilidade, defendamos a nosa saúde mental” Nós, persoas usuarias da Asociación Lenda de Saúde Mental, xuntámonos hoxe para facer oír a nosa voz no Día Mundial da Saúde Mental. Falamos dende a experiencia, dende o que vivimos cada día, e dende a convicción de que todas e todos somos vulnerables dalgún modo. A vulnerabilidade […]