E a ti, que te axuda a soportar o confinamento?

A semana pasada fixemos esta pregunta nas redes sociais e ás persoas coas que traballamos a diario.  Seguimos a descubrir que temos un montón de recursos internos que nos axudan a levalo da mellor forma posible. Algunhas das ideas que recollemos foron as seguintes: Estar e gozar da FAMILIA facendo cousas tódolos días, compartindo o noso tempo. […]

Propostas confinadas

Dende Lenda queremos, ante todo, facer un recoñecemento xeral a todas as persoas que levamos catro semanas confinadas na casa, seguindo as normas que nos marcan para, entre todas e todos, conseguir parar esta pandemia. Grazas pola responsabilidade, pola solidariedade, pola comprensión entre veciñas, pola sensibilidade, pola resiliencia, por seguir unha disciplina de vida, unhas […]