As series que están a transformar a visión da saúde mental

Facémonos eco dun artigo publicado en Theobjective.com, elaborado por Fátima Elidrissi

Grazas á chamada guerra do streaming, o número de plataformas e producións multiplicáronse de maneira espectacular. O que por sorte tamén redundou nunha maior diversidade de historias e personaxes, que no seu día a día xa non só navegan entre o amor, a amizade ou o traballo, senón que tamén lidan coa depresión, a ansiedade ou o trastorno obsesivo compulsivo. Finalmente a televisión empezou a reflectir con honestidade, empatía e naturalidade a realidade de 450 millóns de persoas en todo o mundo, e os problemas de saúde mental e as persoas que os padecen convertéronse en temas e personaxes habituais nas series de televisión.

Unha de cada catro persoas ten, tivo ou terá un problema de saúde mental ao longo da súa vida, segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS). De modo que era unha materia pendente da televisión reflectir con honestidade, pero tamén desde a empatía e a naturalidade, a realidade dos 450 millóns de persoas que en todo o mundo se ven afectadas por algún problema desta índole.

Responsabilidade social

Neste inverno no que a meteoroloxía non é mais cunha anécdota, e que é un virus o que nos ten na casa, temos unha oportunidade para revisar as series que están a cambiar a forma en que a televisión aborda estes temas. Cómpre lembrar, tal e como recolle a Confederación Saúde Mental España na súa web, que os medios de comunicación xogan un papel fundamental na percepción que a sociedade ten da realidade, reforzando prexuízos e estereotipos ou loitando contra eles.

Por último e volvendo aos datos da OMS, o 9% da poboación ten algún tipo de problema de saúde mental e o 25% terao nalgún momento da súa vida. O 12,5% de todos os problemas de saúde son trastornos mentais, unha cifra maior que a do cancro ou os problemas cardiovasculares. En España as cifras son similares e, desgraciadamente, máis da metade das persoas que necesitan tratamento non o reciben ou reciben un tratamento inadecuado, segundo a Estratexia en Saúde Mental do Sistema Nacional de Saúde 2009-2013. En parte, isto ocorre polo estigma que segue asociándose a este tipo de doenzas. E dous millóns de mozos de 15 a 29 anos (30%) sufriron síntomas de trastorno mental no último ano, segundo publica a Fundación de Axuda contra a Drogadicción (FAD).

Aquí podes ver as series que recomendan

Deixa unha resposta