“Os arquivos de resistencia están formados por cartas, poemas, cancións, debuxos, historias, contos, etc. que expresan o firme propósito de resistir os problemas ou os discursos dominantes; que celebran as vitorias desa resistencia e que comparten o coñecemento adquirido con outras persoas que estean a tentar escapar da opresión dos problemas ou os discursos dominantes de poder”
(Fonte: https://aeten.es/archivos-de-resistencia/)
Para nós, os arquivos de resistencia contribúen a desenvolver as identidades das persoas que se acheguen a eles, invitan a participar a quen o necesite, ben como espectadoras, ben como colaboradoras, aportando ideas en forma de documentos ou outros arquivos que, como diría o terapeuta David Epston “moven ou conmoven a quen é testemuña dos mesmos”. Los arquivos de resistencia sérvennos para construír e reconstruír nosas identidades e relacións.
No programa PAIEM estamos a crear os nosos propios arquivos, que nos axudan a resistir contra os síntomas da enfermidade mental e a situación de encerro que supón estar en prisión.
Queremos mostrarvos dous documentos que forman parte do traballo realizado:
“Que son os arquivos de resistencia”
Neste documento podedes ver que é para nós a resistencia:
- “A capacidade para poder protexernos”
- “Son os arquivos que tes na cabeza para ter un control sobre ti mesmo”
- “Aguantar, loitar, ter fortaleza na adversidade, nas situacións difíciles”
- “Ter as túas ideas claras, as túas metas na vida”
- “Loitar contra a enfermidade e os pensamentos que teño sobre o suicidio”
- “Pelexar polo que un quere realmente”
- “Conseguir os teus obxectivos”
- “Botar para adiante aínda que che traizoen”
- “Manter o equilibrio”
- “Actuar acorde aos teus pensamentos”
- “Valorarte como persoa”
- “Lembrar”
- “Recuperarnos”
- “Querer cambiar”
- “Perseveranza”
- “Desobediencia”
- “Aceptar”
“Vivencias. Documento colectivo”
Neste documento os internos que o realizamos definimos quen somos, por que estamos no centro penal, que é importante para nós, que necesitamos e cales son os nosos soños, valores e esperanzas.
Estes arquivos pretenden estar en continua evolución, de maneira que podan ser engrosados co paso do tempo.
Atréveste a facer a túa contribución?
Podes facelo escribindo nos comentarios ou ao correo da Asociación asoclenda@gmail.com
Grazas por lernos.