AltriLixo

Dende o 4 ata o 12 de abril celébrase o ArteLixo en Redondela, un certame ecoloxista e colaborativo que converte lixo en obras de arte que se expoñen en rúas, prazas e escaparates. Este ano, muda o seu nome por AltriLixo, denunciando a ameaza ecolóxica que supón Altri, a macrocelulosa proxectada para o concello de Palas de Rei.

Dende Lenda, sumámonos a esta denuncia participando no certame con dúas obras que se exporán na Praza de Ponteareas e na Praza de Reveriano Soutullo.

 

Na Praza de Ponteareas, estará a obra interactiva “A que fede Altri?”, un deseño que pretende que o público reflexione sobre que é o que realmente nos están a vender dentro dese paquete tan aparente e fermoso.

 

Atreverédesvos a probalo?

 

 

Na Praza de Reveriano Soutullo, estará exposta “A Peste”.

 

 

 

Deixa unha resposta