Hai varios estudos que intentan averiguar que influencia ten a risa na nosa saúde mental. Todos sabemos que rir a gargalladas provoca en nos unha sensación de pracer e benestar, isto é por unhas hormonas que xenera o noso corpo cando rimos.
Xa ben de antigo a relación de rir e a felicidade, Platón e Sócrates aseguraban que as gargalladas son unha fonte de pracer.
Sigmund Freud declara que a risa é unha clave esencial para liberar tensións e enerxías negativas.
Rimos co corpo
Pero cales son os beneficios físicos que nos aporta?, pois son varios e diversos, por exemplo cando rimos activamos 400 músculos moitos que non sabemos ni que existen, isto fai que cando rimos moito nos doan os abdominais, xa que a contracción e relaxación dos músculos que posibilitan a risa provocan un nivel de actividade física similar a cando corremos moderadamente, isto tamén se reflicte no proceso dixestivo eliminando grasas e toxinas mellorando así a regulación intestinal.
O noso sistema inmunolóxico vese fortalecido xa que a risa fai que o noso corpo xenere máis inmunuglobulina A y Linfocitos T, isto fai que as nosas defensas se reforcen.
Mentres rimos, entre gargalladas e gargalladas recibimos máis do dobre do osíxeno que normalmente respiramos en repouso.
E coa mente
Por outra banda a risa tamén nos aporta beneficios psicolóxicos, como por exemplo a sensación de felicidade que se asocia a unha hormona chamada endorfina que como dicíamos antes xenera o noso corpo cando rimos. Tamén xeneramos dopamina e serotonina, substancias que combaten algúns trastornos do estado de ánimo como a depresión e a ansiedade.
A risa é un potente antiestrés, xa que despois de rir os nosos músculos se relaxan e desta forma aumenta o estado de distensión física e tamén psicolóxica.
Cando compartimos bos momentos con amigos ou compañeiros e rimos, estamos compartindo experiencias únicas e positivas que fan que se reforcen os nosos lazos, favorecendo deste xeito as nosas relacións interpersoais.
O noso sentido do ridículo queda apartado cando tomamos a vida con sentido do humor, e isto vai reforzar a nosa autoestima, tan importante para querernos e aceptanos.
Chegados a este punto podemos dicir que a risa é unha das mellores terapias naturais que existen.
Polo tanto deixemos fora por uns momentos as nosas preocupacións e aprendamos a gozar de todo aquelo que é capaz de provocarnos unhas gargalladas.