Durante o ano 2023 levamos a cabo no Centro Ocupacional o “Obradoiro de Produtos Artesanais”. Este obradoiro está financiado pola Deputación de Pontevedra a través da subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para actuacións no ámbito social na provincia de Pontevedra.
O obradoiro ten como obxectivo traballar a recuperación das persoas con diagnóstico de saúde mental a través de actividades orientadas a adquisición de hábitos e habilidades pre laborais.
Este ano os nosos talleres estiveron encamiñados a elaborar diferentes produtos que tiveron unha saída ao mercado como axendas para o ano 2024, libretas con diferentes tipos de encadernacións, bixutería en macramé, adornos de Nadal en macramé, xabóns con aceites esenciais ou bolsas de tela impresas.
Estes obradoiros facilitan o traballo de cara á adquisición de responsabilidades, posibilitar aprendizaxes, contribuír á participación na vida social e o desenvolvemento da autonomía persoal.