A Deputación de Pontevedra financia o Obradoiro de Produtos Artesanais do 2025

Durante todo o 2025, no Centro Ocupacional, estivemos a levar a cabo un obradoiro de produtos artesanais. Este obradoiro, que ten por obxectivo traballar a recuperación das persoas con diagnóstico de saúde mental a través de actividades orientadas á adquisición de habilidades e rutinas prelaborais, foi financiaco pola Deputación de Pontevedra a través da subvención dirixida a entidades sen ánimo de lucro para actuacións no ámbito social na provincia de Pontevedra.

Ademais de produtos que xa teñen tradición no noso centro, caso das axendas ou dos cadernos froito do obradoiro de encadernación, este ano continuamos co obradoiro de costura, o que nos levou a fabricar os estoxos que levan as nosas axendas, carteiras, chaveiros, almofadas cervicais, fundas de libro e faldriqueiras.

Tamén fixemos varios tipos de xabón con base de glicerina e aceites esenciais.

Seguimos co noso obradoiro de pintado de madeira dándolle cor e montando pendentes e brincos, marcapáxinas, chaveiros, puzzles, cadernos…

 

Estes obradoiros posibilitan aprendizaxes, mantemento de habilidades e capacidades e a adquisición de responsabilidades que contribúen á participación na vida social e o desenvolvemento de maior autonomía persoal.

Deixa unha resposta