O 20 de febrero, xogamos o primeiro partido da temporada 2023 da liga “A Nosa Champions”, encadrados no Grupo Sur, contra Saúde Mental FEAFES Vigo. Tivemos a sorte de empezar na casa, xogando no pavillón da Marisma xa que contamos co apoio dende a grada do resto de usuari@s da Asociación Lenda.
Foi un partido que se complicou un pouco de inicio porque empezamos perdendo pero que despois acabou por decantarse para o noso lado. Tanto os xogadores veteráns como as novas incorporacións desfrutaron da volta dunha liga que xa nos tardaba que comezase.
O segundo partido tivo lugar en Vigo. Xogamos no pavillón do Berbés con DOA Saúde Mental e o resultado volveu caer do noso lado.
Velaquí o enlace por se queredes consultar a clasificación do Grupo Sur.
“A Nosa Champions” é unha liga social creada por Saúde Mental FEAFES Galicia, regrada dende o 2020, organizada pola Federación Galega de Fútbol. Busca fomentar hábitos de vida saudable a través da práctica habitual dunha actividade deportiva ó tempo que loita contra ó estigma que rodea ás persoas con problemas de saúde mental.