18 de marzo: Día Mundial do Traballo Social

¿Que é o Traballo Social?

O traballo social é unha profesión baseada na práctica e unha disciplina académica que promove o cambio e o desenvolvemento social, a cohesión social, e o fortalecemento e a liberación das persoas. Os principios da xustiza social, os dereitos humanos, a responsabilidade colectiva e o respecto á diversidade son fundamentais para o traballo social. Apoiada polas teorías do traballo social, as ciencias sociais, as humanidades e os coñecementos indíxenas, o traballo social involucra ás persoas e as estruturas para facer fronte a desafíos da vida e aumentar o benestar.

¿Por que esta data?

Esta data conmemora o compromiso, a contribución e traballo dos/as  nosos/as profesionais como coñecedores/as de primeira man da realidade social, líderes do cambio e da intervención social, e impulsores da loita e a garantía dos dereitos sociais da cidadanía.

Este ano queremos reivindicar…..

Que as/os profesionais de Traballo Social temos unha metodoloxía de intervención propia e uns instrumentos específicos da profesión como o INFORME SOCIAL, onde se recolle un ditame técnico que serve de instrumento documental que elabora e firma con carácter exclusivo o profesional de Traballo Social. O seu contido derívase do estudo, a través da observación e a entrevista, onde queda reflectida en síntese a situación obxecto, a valoración, un ditame técnico e unha proposta de intervención profesional.

Este documento, serve tamén para que a persoa usuaria poida acceder a servizos e prestacións, polo que ten gran transcendencia nos dereitos fundamentais de todas elas o mesmo tempo que se prevé o seu benestar, se optimizan recursos existentes e se define un plan de intervención.

No eido da saúde mental, esta ferramenta permite clarificar a evolución da enfermidade dende os seus primeiros síntomas ata o momento no que se leva a cabo a solicitude, as consecuencias da mesma na persoa interesada así como nos seus familiares e achegados, o seguimento por parte dos profesionais médicos, as necesidades que presenta e as demandas que transmite para o mantemento e garantía  do seu benestar.

Unha solicitude de dependencia/discapacidade sen informe social, NON É UNHA INTERVENCIÓN SOCIAL.

Deixa unha resposta