Xornadas Científicas de Neurorrehabilitación, no CHUVI

xornadas neurorrehabilitación vigo

Esta fin de semana terán lugar en Vigo, as Xornadas Científicas de Neurorrehabilitación. O encontro está organizado polo Servizo de Medicina Física e Rehabilitación do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, coa colaboración da Sociedade Galega de Rehabilitación e da Sociedade Española de Neurorrehabilitación. As xornadas teñen como obxectivo visualizar os avances que se produciron na especialidade e promover a actualización dos coñecementos neste ámbito da Medicina. Durante estos dous días intervirán especialistas en neurorrehabilitación dos centros máis importantes de España dedicados ao dano cerebral ou ás lesións medulares.
Entre os aspectos máis relevantes que se van tratar están as células nai e robótica en lesionados medulares, ictus ou a neurorrehabilitación na esclerose múltiple. Tamén se abordarán as alteracións no equilibrio e na postura, espaticidade ou a esclerose lateral amiotrófica. Igualmente compartiranse experiencias e reflexións sobre a abordaxe psicolóxica e psiquiátrica no dano cerebral adquirido, disfaxia ou tratamentos a pacientes en estado vexetativo persistente.

Neurorrehabiliatación na comarca

Na área sanitaria de Vigo, dáse cobertura sanitaria a aproximadamente 600 pacientes adultos á semana con secuelas de enfermidades neurolóxicas. E tamén, neste último ano, atendéronse a máis de 500 pacientes en idade pediátrica que necesitaban asistencia por secuelas de episodios neurolóxicos.

Deixa unha resposta