Saúde mental na vellez

O benestar emocional e saúde mental teñen a mesma importancia en calquera momento da vida. O envellecemento da poboación está aumentando en todo o mundo occidental. Aínda que a maioría de persoas maiores gozan de boa saúde mental, moitas presentan trastornos mentais, enfermidades neurolóxicas ou problemas de consumo de sustancias, así como afeccións como a diabetes, a hipoacusia ou artrose. Ademáis, a medida que envellecemos aumentan as posibilidades de que padezamos varias afeccións ao mesmo tempo, problemas físicos e mentais que é preciso recoñecer.
O persoal sanitario e os propios anciáns non recoñecen os problemas de saúde mental na súa verdadeira dimensión, e o estigma das enfermidades mentais propicia que as persoas sexan aínda máis reacias a procurar axuda.

Factores de risco

Ao longo da vida son moitos os factores sociais, psíquicos e biolóxicos que determinan a saúde mental das persoas. Alén das causas xerais de esforzo que todo o mundo ten que afrontar, moitos adultos maiores vense privados da capacidade de vivir independentemente por dificultades de mobilidade, dor crónica, fraxilidade ou outros problemas mentais ou físicos. Por outro lado, entre os anciáns é máis frecuente experiencias como a dor pola morte de seres queridos, un descenso do nivel socioeconómico (xubilación, discapacidade…). Todos estos factores poden ocasionar illamento, perda de independencia, soidade e angustia.

Os adultos maiores tamén son vulnerables ao maltrato, á falta de atención e a graves perdas de dignidade e respecto. Os datos actuais indican que unha de cada 10 persoas maiores sofren maltrato. O maltrato das persoas maiores non se limita a causar lesións físicas senón tamén problemas psíquicos de carácter crónico, como a depresión e a ansiedade.

 

A demencia e depresión dos anciáns, problemas de saúde pública

Demencia

É unha síndrome que se caracteriza pola mengua da memoria e a capacidade de pensar, trastornos do comportamento e incapacidade para realizar as actividades da vida cotiá. Afecta principalmente aos anciáns, pero non é unha parte normal da vellez.
A demencia leva asociados problemas sociais e económicos de envergadura polo que toca aos custes de asistencia médica, social e informal que impón. Por outra banda, as presións físicas, emocionais e económicas poden agobiar ás familias. Tanto as persoas que padecen demencia como as persoas que as coidan necesitan apoio sanitario, social, económico e legal.

Depresión

A depresión é causa de gran sufrimento e trastorna a vida cotiá. Afecta a un 7% da poboación de anciáns e representa un 5,7% dos anos vividos cunha discapacidade entre as persoas de 60 anos de idade e maiores. Aínda así non sempre se diagnostica e trata, pois é frecuente que os síntomas deste trastorno nos adultos maiores se ignoran e non se tratan porque coinciden con outros problemas que experimentan os anciáns.
As persoas deprimidas teñen un desempeño máis deficiente que outras que padecen outras enfermidades crónicas. É un trastorno que aumenta tamén a percepción de ter mala saúde, o uso dos servizos médicos e os custes de asistencia sanitaria.

Promoción da saúde

Promoción de hábitos activos e saudables. Promover estratexias para que os anciáns conten cos recursos necesarios para satisfacer as súas necesidades básicas, como:

  • protección e liberdade
  • vivendas axeitadas
  • apoio social e aos seus coidadores
  • programas sanitarios dirixidos a grupos vulnerables como as persoas que viven soas, illadas ou enfermas
  • programas contra o maltrato de adultos maiores
  • programas de desenvolvemento comunitario

Intervencións

O recoñecemento e tratamento oportuno dos trastornos mentais, neurolóxicos e por abuso de sustancias psicotrópicas en adultos maiores son fundamentais, así como a intervención psicosocial.

Hoxe en día non hay medicamentos para curar a demencia, pero é moito o que se pode facer para apoiar e mellorar a vida das persoas que a padecen, así como a dos seus coidadores e familias:

  • diagnóstico temperá para promover o tratamento oportuno e óptimo
  • identificación e tratamento das enfermidades físicas conexas
  • detección e tratamento de síntomas comportamentais e psíquicos difíciles
  • formar, informar e apoiar aos coidadores ao longo do tempo

Deixámosvos algúns enlaces interesantes sobre o tema. Neste fálase de intervencións positivas noutros países da UE, de identificación, prevención e coidado da saúde mental en anciáns

e neste de promoción da saúde mental.

Deixa unha resposta