Saúde mental e empoderamento da muller

eMpoderamento

Saúde mental é participar, é tomar decisións, é empatizar, é emocionarse compartindo experiencias, é tratarse como iguais, é ilusionarse, proporse retos, aliarse, escoitar, comprender…

A saúde mental (ou a súa falta), está moi ligada á prisión. Potenciar o empoderamento das mulleres nun contexto como é a prisión, onde unha grande parte das persoas internas teñen problemas de saúde mental  é moi importante.

Pero ás veces, créanse espazos “terapéuticos”, onde as persoas teñen voz, onde poden tomar decisións “libremente”.

Fai unhas semanas participamos nunha experiencia empoderadora no Centro Penal de A Lama, onde traballamos dende fai anos no programa de saúde mental financiado pola Fundación Barrié e IRPF.

Formamos parte dunha xuntanza de unhas trinta mulleres que estaban organizando accións  de cara á celebración do 8M. Como en calquera vila ou calquera cidade do noso entorno, mulleres falando de sororidade, de dar visibilidade á súa situación (porque é certo que as mulleres en prisión están máis que invisibilizadas, máis aínda as que teñen problemas de saúde mental), de manifestarse, de reivindicar, de homenaxear a mulleres da historia e de mulleres das súas propias historias persoais, de escribir artigos, de falar das súas experiencias, de publicar unha revista, de facer un programa de radio que as represente…

Nos últimos meses estamos a ver cambios neste penal: as mulleres xa poden acceder a un módulo terapéutico e a un módulo de convivencia e respecto mixto (onde conviven con outro internos). E por fin unha muller é por primeira vez a directora desta institución.

Este ano 2019 Lenda cumpre dez anos traballando no Centro Penal de A Lama e comezamos este ano de celebración con sorpresas como esta. E máis que están por vir…

Enlaces de interese

Triplemente discriminadas

Lama_terapéutico

Deixa unha resposta