Rhodes, música que sana

Rhodes nos inspira

Un destes últimos días, visualizamos en conxunto a entrevista a James Rhodes no Chéster. Quedamos bastante impactados, e por iso queremos compartir con vós este post e achegarnos a este pianista e escritor.

Para James Rhodes ser violado dende os seis anos, implicou danos físicos e mentais irreparables. Ao longo da súa vida foi adicto as drogas, autolesionouse, tentou suicidarse en cinco ocasións, foi internado nun hospital psiquiátrico, arruinouse e perdeu a custodia do seu fillo. Pola contra, Rhodes tamén acadou un recoñecemento notable como concertista de piano e comunicador.

Música que alivia

No seu libro autobiográfico “Instrumental: Memorias de música, medicina e loucura” relata que escoitando a “Chacona” de Bach descubriu que a beleza pode coexistir cun sufrimento inimaxinable, e atopou na música o seu propio mundo especial onde nada lle podía afectar. Esta visión romántica da creatividade como terapia, determina a súa vocación.

A necesidade de contar

Moitas das veces, a evasión é un mecanismo de afrontar o dano, lexítimo e necesario. Pero Rhodes nun momento da súa vida, chegou a un punto no que necesitaba afrontar as súas consecuencias emocionais, e relatar a súa historia con honestidade brutal e ás veces incómodamente explícita.

A historia dun neno que busca refuxio na música, dun home que non era feliz e que se autolesionaba, dunha persoa cunha vida complicada e coñecedora de que a súa historia non é única.

No mundo hai millóns de nenos que sofren violacións

O músico promove a elaboración dunha lei que erradique a violencia contra os menores e adolescentes, centrada nas medidas preventivas, con accións formativas, protocolos e unha reforma profunda do proceso xudicial que asegure o respecto dos dereitos da víctima e as súas necesidades.

[…]
Divido en partes los pasajes técnicamente difíciles y recurro a truquitos de ensayo para aprendérmelas. Las repito y las repito, prestando una atención consciente a cada nota y, con el paso del tiempo, después de una hora o dos o cuatro todos los días, aquello coge cuerpo hasta que unas semanas después salgo a un escenario y toco la pieza de memoria. Para mí eso es la vida. Algo estimulante, inspirador, satisfactorio y digno. Esto no solo se aplica a la música y la escritura, sino también a las relaciones, el amor, la amistad, el cuidado de otros.

[…]

extraído do libro Instrumental

jamesrhodes.tv

Deixa unha resposta