Priorizar a saúde mental en Europa

A OMS advirte que en 2030 os trastornos mentais serán a principal causa de discapacidade no mundo. Dende a Confederación de Salud Mental España solicítase aos representantes no Parlamento Europeo que prioricen a saúde mental nas súas axendas.

“Como coñecedores de primeira man do impacto dos de saúde mental, dos recursos dispoñibles e das necesidades das persoas afectadas, dende  SALUD MENTAL ESPAÑA  reclamamos programas en beneficio das persoas ás que representamos e de grupos de poboación específicos, mulleres, a mocidade e persoas con patoloxía dual,   e realizamos tamén labores de sensibilizacióninformación e reivindicación.

Recoñecemos que dende a Declaración Europea de Salud Mental (Helsinki, 2005) e o Pacto Europeo para la Salud Mental y el Bienestar (Bruselas, 2008), aínda que a paso lento, algo tense avanzado no camiño.

Europa está comprometéndose coa promoción da saúde mental e do benestar, coa eliminación da discriminación, coa protección dos dereitos humanos e a dignidade das persoas e coa atención eficaz e integral e o acceso a tratamentos que teñan en conta as preferencias das persoas con problemas de saúde mental e sexan protexidas de posibles abusos e neglixencias.

Por desgraza, son cuestións por resolver. SALUD MENTAL ESPAÑA considera moi preocupante que asuntos que xa estiveron sobre a mesa, como a prevención do suicidio, a atención á saúde mental da poboación infantil e xuvenil ou a plena participación social e en condicións de igualdade por parte dos que teñen un  problema de saúde mental, permanezan hoxe absolutamente vixentes.

Por outra parte, a pesar de que só queda un ano  para que termine o actual Plan de Saúde Mental OMS Rexión Europea (2013-2020), consideramos que o traballo para acadar moitos dos seus obxectivos continúa a ser necesario. Health 2020, marco político europeo para a acción gobernamental e social en promoción e protección da saúde, e a superación definitiva do modelo médico-rehabilitador a favor do modelo social, onde a adaptación normativa á Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade toma un especial protagonismo, van seguir marcando o horizonte tamén no ámbito da saúde mental.

Por estas razón e cara ás próximas eleccións europeas que terán lugar o 26 de maio, dende o movemento asociativo SAÚDE MENTAL ESPAÑA agarda que nos vindeiros anos se desenvolvan políticas efectivas de promoción da saúde mental e de prevención dos trastornos mentais e que se erradiquen definitivamente as graves vulneracións de dereitos das persoas con trastorno mental que se están producindo actualmente. Entre outras:

  • Carencias na garantía dos dereitos dos nenos e das nenas.
  • Falla de concienciación. Estas persoas sofren unha violencia insuficientemente tratada nlas políticas públicas e que normalizaron situacións incompatibles cos estándares internacionais de dereitos humanos.
  • Pervivencia de modelos substitutivos para a toma de decisións fronte á promoción da autonomía.
  • Predominancia de modelos de atención á saúde mental restritivos da liberdade. O abuso dos tratamentos e ingresos non voluntarios, así como de medidas de illamento e contención como ser atadas en camas durante horas, ilustran esta realidade. En lugar de avanzar cara a un modelo de atención á saúde mental verdadeiramente comunitario, estamos dando regresando a un modelo institucional que, lonxe de acadar a inclusión social o único que logra é marxinar e roubar calquera oportunidade de recuperación dun proxecto de vida, de participación social e de benestar ao que calquera persoa podemos aspirar.
  • Prevalencia dos problemas de saúde mental entre as persoas reclusas.
  • Carencias na atención sanitaria e social.
  • Discriminación por orientación sexual.
  • Falla de incorporación da perspectiva de xénero en saúde mental.
  • Barreiras de acceso ao emprego.
  • Deficiencias en materia de acceso á xustiza.”

Deixa unha resposta