Prevención do Alzhéimer

A maioría dos casos de Alzhéimer son producidos por unha interacción de predisposición xenética e factores ambientais. Pero podemos facer algo contra esta doenza?

Para prevela podemos modificar algún dos nosos hábitos, o que son considerados os factores de risco modificables.
Sábese que moitos dos factores nocivos que aumentan o risco cardiovascular están tamén vinculados ao Alzhéimer: obesidade, diabete, hipertensión arterial, colesterol elevado e tabaquismo.
Polo tanto temos que cambiar estilo de vida en distintos aspectos: coidar a nutrición, a actividade física, fomentando a actividade cognitiva e social, así como os hábitos de sono.

Nutrición

O consumo de grasas trans teñen unha relación directa cos procesos neurodexenerativos. Tomar peixe unha vez por semana podería producir unha redución del 60% do risco de alzhéimer, así como unha ralentización do deterioro cognitivo. A dieta mediterránea ten un efecto positivo, de igual modo que evitar o abuso do alcol.

Actividade física

A práctica de exercicio físico regular tamén mellora a nosa saúde neuronal, diminúe o dano vascular cerebral, protexe do deterioro cognitivo e axuda a xeración de novas neuronas (fundamentais na memoria recente, da formación de novos recordos).

Sono

Ao durmir liberamos toxinas do cerebro e da proteína responsable da alteración do Alzhéimer. É importante ter un sono de calidade e reparador.

Coginición

A estimulación mental retrasa a aparición dos síntomas. Facer fronte a novas realidades, retarse ou adquirir novas habilidades, son tarefas que nos axudan a mellorar a nosa capacidade coginitiva.

Relacións sociais

Evitar o illamento e ter actividade social é unha forma de manter activa a mente, aprender e relacionarse. A integración social reduce o estrés, aumenta a autoestima e activa a función mental.

Deixa unha resposta