O CHUVI, sen unidade de demencia

hospital cunqueiro

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia (AFAGA), co apoio de profesionais sanitarios, denuncian a necesidade de crear unha unidade específica e multidisciplinar para unificar a atención aos pacientes con demencia neurodexenerativa. O SERGAS prometeu para o ano 2018, a creación dun equipo no que participarían os departamentos de Atención Primaria, Neuroloxía, Psiquiatría e Xeriatría del Chuvi, con soporte de Enfermería e un espazo físico no que desenvolver a súa actividade.

De momento, este compromiso quedou reducido a un un programa piloto para a derivación directa destes casos dende o médico de familia á unha mesma neuróloga. O plan levarase a cabo nos centros de saúde de Pintor Colmeiro, Sárdoma e Mos. Afaga aplaude esta iniciativa, como primeiro paso dun obxectivo máis amplo, o desenvolvemento da prometida Unidade de Demencias. A Asociación suxire complementar este programa piloto de derivación co seu plan Cuidándonos, de formación básica aos coidadores.

Deixa unha resposta