MERCADIÑO TITIRITEIRO

Hoxe comeza a décimo novena edición do Festival Internacional de Títeres de Redondela. Unha semana que enche de cor, maxia e emoción a nosa vila. O programa arranca coa programación escolar, na que que os máis pequenos poderán disfrutar dunha variedade de espectáculos. Nós gozaremos coa súa expectación antes de entrar na sala, e da felicidade e a sorpresa coa que saen e falan entre eles do que acaban de ver.

Ademáis do mellor teatro de monicreques, a programación inclúe música na rúa, teatro, exposicións, concertos, circo na rúa e ruada participativa “10.000 leguas de viaxe pola vila”.

Como dende hai uns anos, o Festival de Títeres coincide co Día das Letras Galegas, e a organización ten programadas actividades para este día. Entre todas elas está o  Mercadiño Titiriteiro que se inaugura ese día, pero que tamén estará presente o sábado 19 e o domingo 20.

No Mercadiño Titiriteiro como nas edicións anteriores, estará o Centro Ocupacional Lenda, cun posto onde amosaremos todo o que fixemos. Aquí tendes unha pequena mostra do noso traballo que poderedes atopar. Agardámosvos!

Longa vida ao FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA, Memorial Juanjo Amoedo!!

Deixa unha resposta