Memoria 2018

2018, foi un ano no que fixemos intervencións tanto individuais, familiares e comunitarias a través dos nosos servizos e por medio dos nosos programas.

Resaltar tres novidades dentro dos Programas Terapéuticos cos que queremos potenciar a visión positiva do concepto de saúde:

  • Un Obradoiro de COCIÑA, onde se traballan aspectos básicos de cocina e hábitos de alimentación saudable.
  • Un Obradoiro de COUNICACIÓN onde se traballan aspectos como a linguaxe, a fonética, a audición e as habilidades sociais.
  • E por último un Obradoiro de XOGO TERAPÉUTICO, onde a través de xogos de mesa trabállanse función cognitivas básicas.

Fora do centro e dentro do Programa Formativo Educativo, fundamental para a normalización e recuperación da persoas con enfermidade mental, algunhas persoas usuarias participaron en programas de actividades municipais, na Escola de Idiomas, formación regulada para obter o Graduado en ESO e Plans de Formación para o emprego.

Dentro do Programa de Actividades Alternativas, destacar a presentación do nº 36 da revista A Voz de Lenda dedicada a AUGA.

Dentro do Programa de Ocio, queremos facilitar ás persoas usuarias a posibilidade de desfrutar de actividades deportivas e tempo libre. Entre outras moitas actividades, destacar os paseos pola Serra do Suído, por Baiona, Arcade e Pontesampaio, convivencia na Praia de Cesantes, visitas a exposicións , como á de Ruth M. Anderson, ou  a de 40 anos de fotografía de Mundo Cal. E como todos os anos a festa de Entroido e a comida de Nadal.

Dentro do Servizo de Comunicación, Sensibilización e Participación recibimos a visita das alumnas e alumnos do IES de Chapela, participamos en charlas no Colexio Mendiño sobre saúde mental, nunha mesa redonda no Festival Redondela en Curto sobre discapacidade e emprego, participamos no Arte Lixo e nas Feiras de Nadal e do Festival internacional de Títeres.

Pero esto non deixa de ser un pequeno resume das nosas actividades, se queredes podedes ver AQUÍ a nosa Memoria 2018 completa.

Deixa unha resposta