Esponxas vexetais

A semana pasada fixemos unha visita á empresa de cultivo de esponxas vexetais LUFFA (feitas a partir dunha planta da familia do cogombro) para uso cosmético. Empresa pioneira en Galicia, é a maior en cultivo, manipulación e transformación de esponxas naturais.

As esponxas, que non se secan correctamente, acumulan oranismos e bacterias e que poden danar a barreira natural da pel e ser foco de infeccións. As esponxas naturais teñen fibra vexetal de alta calidade, manufacturadas na Euro rexión Galicia- Norte de Portugal. O centro de transformación e investigación está situado na vila de Caldas de Reis.

As esponxas de baño e todos os nosos produtos están tratados con agua termal a 43º, que lle dan unha consistencia acaída para a exfoliación tanto en seco como en húmido.
Un produto 100% natural, biodegradable e bo para a pel.

Vantaxes das esponxas de fibra vexetal:

  • A súa produción é respectuosa co medio natural
  • Non deixa residuos daniños na pel, como as que se fabrican a partir de derivados do petróleo
  • A esponxas son cultivadas na terra e con gran aforro enerxético
  • Non son esponxas feitas de celulosa (que teñen un proceso de fabricación con alto impacto ambiental)
  • Tampouco son esponxas de mar, que se obteñen das partes blandas de esqueletes, se amasan, decoloran e secan ata obter a esponxa mariña que se comercializa. Un proceso custoso e que dana o mar

Usos:

  • Elimina as células mortas, facilitando unha LIMPEZA PROFUNDA.
  • Reduce o exceso de GRAXA na pel.
  • Controla e prevén a aparición de ACNÉ.
  • Limita e reduce a aparición de  CELULITE.
  • Actúa como RELAXANTE MUSCULAR.
  • Non deixa ou aporta ningún tipo de residuo DANIÑO na nosa pel ou o noso organismo.
  • Estimula a circulación SANGUÍNEA.
  • Prevén o ENQUISTAMENTO capilar.

Encantounos a iniciativa, un proxecto 100% sostible. E, logo da nosa visita, tivemos un almorzo e tempo de lecer con baño na Barosa incluído!!!

Deixa unha resposta