Día Mundial do Trastorno Bipolar

van gogh, autoretrato
 
Dende 2014, celébrase na data do nacemento de Vincent Van Gogh, o Día Mundial do Trastorno Bipolar, pois o pintor foi diagnosticado póstumamente con trastorno bipolar. O obxectivo da campaña é difundir información sobre a enfermidade para loitar contra o estigma, informar e concienciar sobre esta enfermidade.
Aquí tedes un vídeo con algunhas das pezas de arte de Van Gogh, en movemento (música de Ludovico Einaudi, “Experiencia“): 
 
Luca Agnani Studio : Video Projection Mapping

30 de marzo, Día Mundial do Trastorno Bipolar

O trastorno bipolar, coñecido como “a enfermidade das emocións”, afecta aproximadamente a un 5% da poboación mundial, independientemente do seu estatus socioeconómico, relixión ou raza, e normalmente se diagnostica en personas de entre 15 e 30 anos. O estigma asociado á enfermidade continúa a supoñer un reto para pacientes, profesionais sanitarios e familiares dos propios afectados. Aínda que a aceptación vai aumentando en moitas partes do mundo, o estigma asociado á enfermidade é un impedimento á hora de levar a cabo un diagnóstico precoz, e, polo tanto, supón un retraso no acceso a un tratamento axeitado.
Queremos ofrecer unha imaxe que recalca a necesidade de normalizar o trastorno bipolar e facerlle fronte ao estigma!

#WorldBipolarDay

2 respostas a “Día Mundial do Trastorno Bipolar”

  1. Gracias, es muy necesario este tipo de inicistivas.

  2. Est’a claro, “falta moita, -sensibilidade-, xa que non fai falla, un “GRAN DISPENDIO”…porque, non todo o mundo disp’on, dunha carteira e recursos, para acudir, diante dun psic’ologo, de xeito “regular”. MOITAS GRACIAS, por estas -iniciativas-.

Deixa unha resposta