Demandas ao novo goberno

Esta semana, facemos nosas as demandas do movemento asociativo de saúde mental ao novo goberno, publicada na web de FEAFES  Galicia e na Confederación de Salud Mental de España.
A Confederación SALUD MENTAL ESPAÑA, como representante do movemento asociativo formado por persoas con problemas de saúde mental e os seus familiares, e con motivo das próximas eleccións xerais do 28 de abril, reclama ao futuro Goberno que se desenvolvan políticas efectivas de promoción e prevención dos problemas de saúde mental.
En 2030, segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), os problemas de saúde mental serán a principal causa de discapacidade no mundo. Para esta mesma organización, un dos maiores retos aos que se enfronta Europa en materia de saúde pública constitúeno os trastornos mentais. En España, entre o 2’5 e o 3% da poboación adulta ten un trastorno mental grave: máis de 1 millón de persoas. Hoxe, o 9% da poboación ten algún tipo de trastorno mental e o 15% da poboación terao ao longo da súa vida.
Os datos falan por si mesmos, polo que desde a Confederación entendemos que para a formación do novo Goberno, desenvolver políticas públicas eficientes en relación á saúde mental debe ser unha prioridade.
Desde SALUD MENTAL ESPAÑA propóñense 12 accións concretas e específicas para que o futuro Goberno poida ter en conta cales son as prioridades e necesidades do colectivo:
  1. Promocionar a saúde mental, a prevención, a detección precoz e  a intervención temperá aumentando o investimento económico destinado a iso.
  2. Mellorar e reforzar urxentemente políticas activas de emprego para persoas con problemas de saúde mental.
  3. Promocionar a saúde mental e a detección temperá de problemas de saúde mental en escolas e institutos. Investir en saúde mental infantil e xuvenil.
  4. Fortalecer o principio de igualdade entre mulleres e homes e incorporado na práctica profesional e en políticas públicas e normativas.
  5. Fortalecer a democracia a través de medidas que faciliten a participación das persoas en todos os ámbitos.
  6. Desenvolver políticas públicas enfocadas á promoción da autonomía e á vida independente das persoas con trastorno mental.
  7. Sistemas de apoio, información e formación ás familias.
  8. Elaborar protocolos para que as persoas con problemas de saúde mental poidan acceder á xustiza.
  9. Impedir que as persoas con problemas de saúde mental vivan en prisión.
  10. Desenvolver e dotar de investimento un plan de prevención do suicidio.
  11. Dotar de recursos de atención á saúde mental adaptados ás necesidades das persoas migrantes.
  12. Investir en investigacións e difundir os avances, centrándose na prevención e promoción da saúde mental e en respostas á coerción.
Para o presidente da Confederación SALUD MENTAL ESPAÑA, Nel González  Zapico:
todas e cada unha destas propostas deberían formar parte da carteira política do Goberno que se forme a partir das próximas eleccións, xa que investir en saúde mental é preocuparse polo benestar das persoas.

Deixa unha resposta