Conferencia sobre o Alzhéimer

conferencia alzheimer

A enfermidade de Alzhéimer é a causa máis común de demencia e unha das causas principais de discapacidade e dependencia das persoas maiores. Trátase dunha enfermidade irreversible e progresiva do cerebro que lentamente destrúe a memoria, as aptitudes do pensamento, a forma de pensar e o carácter ou o comportamento.

O próximo luns, a asociación Afaga Alzhéimer organiza unha conferencia en Redondela sobre os “Síntomas Neuropsiquiátricos nas demencias”. Esta será impartida por Águeda Rojo, psiquiatra e coordinadora da Unidade de Psicoxeriatría do EOXI de Vigo.

Luns 19, ás 19:30 h. no Multiúsos A Xunqueira
en Redondela

Segundo a OMS, en 2015 había 50 millóns de persoas no mundo con alzhéimer e prevese que esta cifra se triplique e acade os 152 millóns en 2050. En España o número de afectados xa supera o medio millón de persoas. Descoñecemos os datos concretos en Redondela, pero o avance desta doenza e o seu impacto social é visible e evidente. O Alzhéimer é xa un desafío médico, mais principalmente un reto para a nosa sociedade, ante  o aumento nos próximos anos, do número de afectados por esta doenza.

conferencia alzheimer

Deixa unha resposta