Con Rhodes, no Centro Penal de A Lama

O luns 4 de marzo, 10 persoas da Asociación Lenda tivemos o privilexio de gozar dun concerto de James Rhodes no Centro Penal de A Lama xunto coas compañeiras e compañeiros do programa de saúde mental co que colaboramos. Pero non soamente foi as súa música, tamén as súas palabras conmovéronnos.

James Rhodes na Lama

James deu resposta a todas as preguntas que tiñan preparadas para el. Falou de saúde mental, da súa curación a través da música, da importancia de impartir educación musical coas máis pequenas e pequenos, de fomentar a nosa creatividade, de motivación e dos seus novos proxectos.

Como todo o bo, sóubonos a pouco e mantívonos nunha nube de éxtase musical.

Benjamín e José Ángel tamén tiveron o privilexio de achegarse a James para agasallalo cun dos nosos traballos de encadernación, cun poema de Rosalía que seleccionamos para el en galego e o libro tamén de Rosalía “Cantares Gallegos” na súa versión anglosaxona. O agradecemento de James traduciuse nunha sentida aperta aos nosos compañeiros.

Un libro de Rosalía, un caderno personalizado

Para completar o día, convidáronnos a tomar un café e uns doces no módulo 5 do penal, onde residen a maior parte das persoas coas que traballamos.

Foi un día de aprendizaxe, de convivencia e de coñecemento que gostaríamos de volver a repetir.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Deixamos uns enlaces da prensa onde se recolle esta nova tan especial para nós.

https://praza.gal/acontece/james-rhodes-ofrece-un-concerto-gratuito-para-os-presos-do-carcere-da-lama

https://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2019/03/04/james-rhodes-ofrece-concierto-lama/2062510.html

https://www.pontevedraviva.com/xeral/52863/concierto-james-rhodes-centro-penitenciario-a-lama-pontevedra/

Centro Ocupacional Lenda

Deixa unha resposta